Concello de Ames - Servizos Complementarios
Concello de Ames - Servizos Complementarios
Concello de Ames - Servizos Complementarios

Formulario e información sobre a baremación no comedor A Maia

Debido ao incremento progresivo de usuarios no servizo de comedores escolares no concello de AMES, estímase que o COMEDOR A MAIA non dispón actualmente da capacidade suficiente nin posibilidade de ampliación para aceptar todas as novas solicitudes previstas dentro do prazo de preinscrición cara o próximo curso, e debido as características do propio espazo de comedor, de cara a garantir un servizo de calidade faise necesario facer unha baremación para novos usuarios en cumprimento do artigo 19 do regulamento de comedores publicado no BOP o 14/07/2011: “...no caso de que o número de solicitudes supere a capacidade de oferta procederase a facer unha selección mediante baremación”.

Formulario

Información

Información

O Concello de Ames pon en marcha este luns, 20 de xuño de 2017, o proceso de matrícula dos servizos complementarios cun sistema on line para que os/as novos/as usuarios/as, que figuran na Listaxe Provisional de Admitidos/as, poidan matricularse na "Rede de Comedores Escolares" e nos programas "Bos Días Cole" e "Tardes Divertidas" de forma telemática.