Concello de Ames - Servizos Complementarios
Concello de Ames - Servizos Complementarios
Concello de Ames - Servizos Complementarios

Cálculo de Cotas - Servizos Complementarios 2017/2018

O importe resultante do cálculo das cotas é meramente informativo, xa que depende da veracidade dos datos introducidos.
 

Información sobre os cadros do simulador

Cadro 380

Deberá introducir a suma do importe do cadro de cada declaración de IRPF 2015 presentada pola unidade familiar.

Cadro 395

Deberá introducir a suma do importe do cadro de cada declaración de IRPF 2015 presentada pola unidade familiar.

Outros ingresos

No caso de non presentar declaración no exercicio, deberá introducir a suma dos ingresos brutos obtidos pola unidade familiar durante o exercicio.

Gastos deducibles

No caso de non presentar declaración no exercicio, deberá introducir a suma dos gastos deducibles de rendementos do traballo (cotas seguridade social) do exercicio.

Ingresos non contributivos

Deberá introducir a suma dos ingresos non contributivos obtidos pola unidade familiar durante o exercicio 2015 (risga, pensión alimentaria, pensión compensatoria, etc.)

Unidade Familiar

  • a) Pais non separados legalmente e, se é o caso, o titor ou persoa encargada da garda e protección do menor.
  • b) Os fillos menores de idade, con excepción dos emancipados.
  • c) Os fillos maiores de idade con discapacidade física, psíquica ou sensorial ou incapacitados xudicialmente, suxeitos á patria potestade prorrogada ou rehabilitada.
  • d) Os fillos solteiros menores de vinte e cinco anos e que convivan no domicilio familiar a 31 de decembro do ano inmediato anterior a aquel no que solicite a bonificación, sempre que non tiveran un contrato de traballo ou perciban recursos (agás bolsas), durante o ano inmediato anterior.
  • e) Cando non exista vínculo matrimonial, a unidade familiar entenderase constituída polo pai, a nai e e todos os fillos dos pais que convivan con eles e reúnan os requisitos do apartado anterior.
  • f) No caso de separación, divorcio ou ruptura do vínculo non matrimonial, non se considerará membro da unidade familiar aquel que non conviva co solicitante. En cambio, si terá a consideración de membro computable o novo cónxuxe ou persoa unida ao pai/nai e que si conviva co solicitante. A separación, divorcio ou ruptura do vínculo non matrimonial acreditarase mediante sentenza xudicial que determine a mesma, baixa no correspondente rexistro de parellas de feito, ou convenio regulador onde conste a custodia do menor.
  • g) Para efectos de cálculo da RPC, será considerado membro da unidade familiar o/a fillo/a que pese a non convivir na unidade, reciban pensión alimentaria do pai/nai. Para isto deberá achegarse a sentenza onde se regule a pensión, así como xustificación documental do cumprimento desta.

Información

O Concello de Ames pon en marcha este luns, 20 de xuño de 2017, o proceso de matrícula dos servizos complementarios cun sistema on line para que os/as novos/as usuarios/as, que figuran na Listaxe Provisional de Admitidos/as, poidan matricularse na "Rede de Comedores Escolares" e nos programas "Bos Días Cole" e "Tardes Divertidas" de forma telemática.