Concello de Ames - Servizos Complementarios
Concello de Ames - Servizos Complementarios
Concello de Ames - Servizos Complementarios

O Concello de Ames abre o proceso de matrícula dos servizos complementarios: Rede de Comedores, Bos Días Cole e Tardes Divertidas, para o curso 2019-2020.

Deberán matricularse os nenos e as nenas de novo ingreso nestes servizos, que xa cursaran a solicitude de preinscrición no prazo fixado para este fin e que consten como admitidos/as na listaxe correspondente.

O prazo de MATRÍCULA estará aberto do 20 de XUÑO ao 5 de XULLO de 2019.

Os/as usuarios/as dos servizos complementarios durante o curso 2018-2019, que fixeran a renovación de praza para o curso 2019-2020 no prazo fixado para este fin, non deberán matricularse, pero si deberán comprobar que figuran nas Listaxes de Renovados de cada servizo sen ningunha incidencia ou erro que deba ser emendado.

Cubrir, imprimir o impreso de matrícula na web: www.conciliames.org e presentala no rexistro do Concello xunto con toda a documentación solicitada.

Os/as usuarios/as que non dispoñan das ferramentas necesarias, terán á súa disposición o persoal do Departamento de Educación, ben na oficina municipal do Milladoiro ou no Departamento de Educación en Bertamiráns, para realizar este trámite por vostede, para o que deberán solicitar unha cita ao teléfono 981 884 991.

Para cubrir o impreso será necesario o IBAN, o BIC e os datos do/a titular da conta para a domiciliación dos recibos.

Servizos complementarios

Os servizos complementarios educativos do Concello de Ames son proxectos municipais que teñen dous obxectivos principais: axudar á cidadanía a conciliar a vida laboral e familiar e contribuír á educación en valores dos/as menores (hábitos saudables, tolerancia, convivencia…).

A atención dos nenos e nenas e a posta en marcha das actividades lévase a cabo mediante as empresas adxudicatarias da monitoraxe dos respectivos servizos.

Estes servizos ofértanse nas instalacións dos cinco centros de educación infantil e primaria públicos de Ames: CEIP Agro do Muíño, CEIP A Maía, CEIP de Barouta, CEP de Ventín e EEI do Milladoiro agás o servizo de Comedor Escolar que se oferta tamén na EEI A Igrexa.

Para máis información destes servizos consulte os seus regulamentos de funcionamento e a ordenanza fiscal no enlace: "Ordenanzas e regulamentos"

Bos días Cole

O servizo Bos Días Cole, dirixido aos máis madrugadores, está pensado para a atención dos nenos e nenas antes do inicio da xornada lectiva, a partir das 7:30 horas ata a hora de entrada nas aulas. O/a usuario/a poderá escoller entre as dúas modalidades do servizo: "con almorzo" ou "sen almorzo".

Rede Municipal de Comedores Escolares

A Rede Municipal de Comedores Escolares do Concello de Ames é un proxecto no que o Concello asumiu, ademais da xestión, a elaboración da comida con persoal municipal, deste xeito garántese a calidade e o equilibrio nutricional dos menús e pódense integrar a todos os nenos e nenas con necesidades específicas en condicións de seguridade.

Tardes Divertidas

Trátase dunha oferta educativa e de ocio para permitir que os pais e nais concilien a súa vida laboral durante a tarde, unha vez rematado o servizo de comedor e ata as 21:00h. Estes usuarios poden escoller entre as modalidades: "con merenda" ou "sen merenda".

Información

O Concello de Ames pon en marcha este mércores, 20 de xuño de 2019, o proceso de matrícula dos servizos complementarios cun sistema on line para que os/as novos/as usuarios/as, que figuran na Listaxe de Admitidos/as, poidan matricularse na "Rede de Comedores Escolares" e nos programas "Bos Días Cole" e "Tardes Divertidas" de forma telemática.